Blogia
vgomez

ACOMPAÑAMENTO NAS ETAPAS DE EVOLUCIÓN DOS NOSOS FILLOS

 

Alberto Soler é Psicólogo e Máster en Psicoloxía Clínica e da Saúde. Con máis de 10 anos de experiencia clínica e asesoramento a pais, Soler é conferenciante e colaborador habitual en prensa, radio e televisión. No seu  videoblog, Pílulas de Psicoloxía e no libro “Fillos de pais felices”, do que é  co-autor, dá resposta ás dúbidas universais sobre educación, crecemento persoal e crianza. “No momento no que temos unha etiqueta posta, acabamos comportándonos de acordo con esa etiqueta…Debemos ser conscientes de que as expectativas que poñemos sobre os nenos acaban condicionando a súa conduta”, explica. Alberto Soler advirte dos perigos do ensino con “etiquetas” e da obediencia cega: o futuro dos nenos pasa pola educación en valores como a  asertividad, o pensamento crítico e a autonomía.

0 comentarios