Blogia
vgomez

ELOXIO DA EXPERIENCIA

 

 

Desde a época romana e as primeiras queixas dos cidadáns pola “tiranía do tempo” que impoñían os reloxos de sol, medir minutos e botar a correr foi unha constante do ser humano. O chamado “gurú anti présa”, Carl Honoré, é o portavoz do movemento Slow, que propón retardar a vida e reducir as cargas mentais, académicas ou laborais para dispoñer de máis tempo de calidade.

“O ‘delicioso paradoxo da lentitude’ demostra que aqueles que retardan a través da meditación, do pensamento lento, teñen máis capacidades para xestionar o mundo rápido que aqueles que nunca pisan o freo. A lentitude é un  superpoder nun mundo  hiperacelerado”, desenvolve o autor en libros como ‘Baixo presión’, ‘A lentitude como método’ e ‘Eloxio da lentitude’.

Ademais, Honoré explícanos como sacar partido das nosas vidas máis lonxevas a través dun concepto que investigou no seu último libro ’Eloxio da experiencia’: como vivimos a mocidade e a vellez na actualidade; e de que maneira a experiencia pode axudarnos a ter unha vida máis plena. Por medio de testemuños moi significativos, o escritor destaca o valor das vivencias, dignifica o cumprir anos e ensínanos a gozar das novas etapas da vida dunha forma máis saudable: "Cando es honesto sobre a túa idade libéraste para poder definir a túa vida en calquera idade e etapa”.

0 comentarios