Blogia
vgomez

O PEIXE MÁIS VELENOSO DO MUNDO: PEIXE PEDRA

 

No mundo submarino, non tes que ser a criatura máis grande para ser a maior ameaza. O peixe pedra ou peixe rocha (Synanceia horrida), que acada unha lonxitude media de 30 a 40 centímetros e ata 2 kg de peso, é o peixe máis  velenoso do mundo, portando sacos velenosos en cada unha das súas 13 espiñas.

Aínda que a ameaza para os mergulladores responsables é minúscula, contámosvos 5 datos que desexarás coñecer sobre estas interesantes e tóxicas criaturas submarinas (se as chegas a atopar).

1. Hai cinco especies de peixe pedra que se poden atopar nas rexións costeiras dos océanos do  Indo-Pacífico.

2. Como o peixe máis  velenoso no mar, a maioría asumiría que o peixe pedra mata á súa presa usando o veleno nas súas espiñas, pero este non é o caso. En cambio, o peixe pedra captura á súa presa con gran velocidade. Para cazar á que vai ser a súa comida, os peixes pedra esperan a que apareza a presa e logo nadan rápido e atácana velozmente. O ataque pode durar apenas 0.015 segundos! Cando non persegue á súa presa, o peixe pedra normalmente nada moi moi lentamente.

3. Ten excelentes capacidades de camuflaxe, polo que o peixe pedra pode ser difícil de distinguir. Se che gusta mergullar, por suposto que é emocionante detectar as criaturas que mellor se camuflan, pero lembra prestar atención ao que se esconde no fondo rochoso ou o coral.

4. Non entres en pánico se o ves, o peixe pedra non se desviará do seu camiño para atacarche, senón que usará o seu veleno como mecanismo de defensa contra os depredadores. O veleno xeralmente libérase cando se aplica presión á espiña do peixe pedra, o que significa que o veleno se emite con máis frecuencia cando o peixe pedra é atacado por un depredador ou pisado por un humano. Nunca irá directo a atacar a un humano. Se por algunha razón accidentalmente pisas un peixe pedra, busca tratamento inmediato, xa que o veleno pode causar dor severa, insuficiencia cardíaca e mesmo a morte se non se trata. A auga quente pódese usar como alivio temporal; con todo, é esencial buscar atención médica e dispoñer dun antídoto.

5. O peixe pedra pode sobrevivir ata 24 horas fóra da auga, o que é un trazo pouco común entre os peixes.

Fiel ao seu nome, o peixe pedra parece estar formado por rochas  encostradas ou cascallos no fondo do mar. Pero se se observa detidamente, veremos algunhas características interesantes, como que a maioría son de cor marrón ou gris con manchas amarelas, alaranxadas ou vermellas no seu corpo.

FONTE:Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios