Rafael  Yuste é Neurobiólogo e profesor de Ciencias Biolóxicas e  Neurociencia na Universidade de Columbia de Estados Unidos, sendo o  codirector do Instituto  Kavli de investigacións  neurológicas da devandita Universidade desde 2004 e o ideólogo do proxecto BRAIN (Brain Research Through Advancing Innovative Neurotechnologies), é dicir, "Investigación do Cerebro a través do Avance de  Neurotecnologías Innovadoras" un proxecto na vangarda científica mundial que persegue a creación dun “mapa” do cerebro humano. Un dos grandes retos de Yuste é poder entender como se xera o comportamento do ser humano en base aos circuítos de neuronas. “É posible que vexamos nas nosas propias vidas como se descifra o cerebro, e por fin poderemos educar aos nenos dunha maneira máis eficaz”. Este científico é tamén pioneiro na aplicación de técnicas de imaxe e  fotoestimulación para achegarse aos segredos da aprendizaxe: “Unha das miñas paixóns é entender que lle pasa ao teu cerebro cando tes un pensamento; para tentar pescudar como se aprende, necesitamos saber primeiro que é un pensamento”, asegura.