VIVIR É A PRENDER A PERDER O QUE GAÑACHES
“O meu pai hospitalario falaba dunha cousa moi bela, cando eu tiña 14 anos, a min e a outros dous rapaces que nos faltaba a perna, o pulmón… Sempre nos dicía que cando saísemos do hospital, cada ano tiñamos que parar o mundo unha vez. El chamaba “parar o mundo”, “intermezzo”, a saír do mundo para mellorarte e para melloralo. E dicía que cando volveses, o universo premiábate, porque os que movían o mundo eran os que o paraban”.
Albert Espinosa é escritor, guionista, actor e director de cinema, e unha voz esperanzadora mesmo en tempos de confinamento e incerteza. Neste vídeo comparte as leccións de vida que aprendeu durante a súa longa estancia nun hospital e unha burbulla que o protexía fronte aos virus, mentres loitaba contra o cancro na súa adolescencia.
Decidira retirarse dos focos e os medios para dedicarse á escritura de libros, series e películas, pero fixo unha excepción para compartir as súas reflexións nesta entrevista. “Volveremos con moita enerxía, reinventarémonos, co cal poderemos crear novas realidades. Penso que iso é parte da maxia que estamos a vivir neste “intermezzo”, neste parar o mundo, que volveremos diferentes e cambiarémolo todo”.
Albert Espinosa vendeu máis de tres millóns de libros en 42 países, con títulos como ‘O mundo amarelo’, ‘O que che direi cando te volva a ver’, ‘O mundo azul. Ama o teu caos’, ’Se ti mes dis ven déixoo todo… pero dime ven’, ou o máis recente ‘O mellor de ir é volver’.
Coa súa película ‘Planta 4ª’, dirixida por Antonio Mercero, estivo nomeado ao Premio Goya, e a serie televisiva ‘Pulseiras vermellas’, gañadora de dous premios Emmy, conseguiu facer viral a súa historia e a dos seus compañeiros de hospital máis aló das nosas fronteiras, chegando a emocionar a Steven Spielberg, que se encargou da versión estadounidense.
0 comentarios