Como agora teño máis tempo, pola miña situación de xubilado, parte del adícoo á lectura. Desta vez acudín a unha das estantería da miña casa e escollín "O espía do Rei" (Edicións B, S.A. Barcelona, 2017), obra de José Calvo Poyato (Cabra-Córdoba, 1951).

Trátase dunha novela histórica que nos traslada á corte de Fernando VI e Bárbara de Braganza, moi ben documentada (lembrar que o autor é catedrático de Historia e doutor de Historia Moderna pola Universidade de Granada). 

Nela a historia mestúrase coa intriga, a acción e a espionaxe, o que fan que me enganchase tanto que as súas 526 carillas fosen devoradas en dous días e medio.

Moi recomendable!