Blogia
vgomez

SOLARIMPACT: UN LUXO VERDE


A compañía suíza  SolarImpact presentou no pasado Salón de  Cannes o primeiro  multicasco privado que navega exclusivamente con luz solar.

Cun deseño de última vangarda e máximo confort a bordo, este multicasvo de 24 metros de eslora e 9 metros de manga, está enfundado en máis de 300 metros de placas solares. Tras máis de cinco anos de investigación no proxecto, o deseño final conflúe sobre tres alturas onde reinan os espazos acristalados. Ademais, fomenta a entrada da luz ao interior e unha zonas abertas como puntos de reunión dos invitados a bordo.

Os dous puntos craves da embarcación están na autonomía do barco e a súa velocidade de navegación. O  multicasco  SolarImpact emprega un conxunto de placas solares ao redor do casco que pode xerar nun día asollado desde unha batería de 800 KW ata 10 horas de autonomía. Con estas condicións, pode alcanzar unha velocidade de 20 nós.

Se a embarcación opta por unha navegación a cinco nós podería discorrer ao redor do mundo sen ningún tipo de reposición. Ademais, o barco dispón dun dobre motor diésel de 65  kW (87  hp) de emerxencia para transitar en días nubrados se o equipo de baterías non dispón de carga suficiente.

A bordo, as 12 persoas VIP gozarán en total de 340 metros cadrados habitables cun mobiliario interior de luxo e un deseño actual.

Todo un luxo verde!

FONTE: expansion.com/nauta360

0 comentarios