Blogia
vgomez

LAPARADA SOLAR CLASE X2.1

LAPARADA SOLAR CLASE X2.1

Laparada solar de clase X2.1 do día 25 / Imaxe: NASA/SDO/GSFC

O Sol emitiu a súa terceira laparada solar en apenas 48 horas, segundo mostran as imaxes captadas polo Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da NASA.

En concreto, trátase dunha laparada solar de clase X2.1. Pouco antes rexistrouse outra laparada solar, neste caso clasificada como X1.7 e procedente da mancha denominada AR 1882. Na madrugada do xoves, apenas 48 horas antes, houbo outra erupción de clase M9.3, de menor intensidade.

A NASA recorda que as laparadas solares son poderosas explosións da radiación. A pesar de que os seus efectos non resultan perigosos para os seres humanos, cando son o suficientemente intensas si son capaces de alterar os sistemas de comunicacións e interromper durante algún tempo (minutos ou horas) os sinais de radio. Non obstante, os incidentes ata agora foron moi infrecuentes. Nalgunha ocasión, como medida de precaución, tamén se desviaron algunhas rutas de voos comerciais próximas ao polo Norte para evitar interferencias cos sistemas de radio.

Na actualidade o Sol atópase no seu máximo dentro do seu ciclo, que os astrónomos estableceron en 11 anos para estudar a súa evolución. Por iso, precisa a NASA, este tipo de fenómenos son comúns e aumentan a medida que chega ao seu pico. A primeira laparada de clase X que aconteceu no presente ciclo solar aconteceu en febreiro de 2011. A máis intensa aconteceu o 9 de agosto de 2011 e foi clasificada como X6.9.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios