OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO X
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
10. Archaeopteryx
En 1860, Charles Darwin publicou o seu fantástico tratado sobre a evolución, ’Sobre a orixe das especies’. Por sorte, nos seguintes anos producíronse unha serie de descubrimentos espectaculares nos depósitos de pedra calcaria de Solnhofen, Alemaña: fósiles completos e exquisitamente conservados dunha antiga criatura, Archaeopteryx, que parecía ser o "elo perdido" perfecto entre os dinosauros e paxaros. Dende entón foron desenterrados outro fósiles pero ningún tivo un impacto tan profundo como este dinosauro do tamaño dunha pomba. O Archaeopteryx, que viviu no período Xurásico Superior hai uns 150 millóns de anos, no que hoxe é o sur de Alemaña, representa o elo dinosauro-ave.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios