CAMBIO DE HORA
Ás 3 da madrugada atraseromos unha hora e serán as 2 / Imaxe:bolsaclick.com
O cambio de hora prodúcese, como é habitual, ao iniciarse o último domingo de outubro. Nesta madrugada, exactamente ás 3, hora peninsular, xa domingo 27 de outubro, haberá que atrasar o reloxo ata as 2, co que este día terá, oficialmente, unha hora máis.
Unha hora máis para dormir, a cambio, a partir dese momento, anoitecerá antes, noites máis longas... En resumo as tardes quedan reducidas a mínima expresión e todo, ao parecer, co obxectivo é aforrar enerxía.
Como curiosidade direivos que o cambio de hora é unha medida que empezouse a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial. En España, esta medida lévase aplicando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.
É o que hai!
0 comentarios