Blogia
vgomez

NON EXISTE A FELICIDADE, SENÓN SER FELIZ CADA DÍA

 

Tiven cancro dos 14 aos 24 anos e perdín unha perna, un pulmón e un anaco de fígado, pero fun feliz”. Albert Espinosa é escritor, guionista, actor e director de cinema, pero por encima de todo, é alguén capaz de compartir unha mensaxe esperanzadora sobre o cancro infantil e xuvenil. Vendeu máis de tres millóns de libros en 42 países, con títulos como ‘O mundo amarelo’, ‘O que che direi cando te volva a ver’, ‘O mundo azul. Ama o teu caos’, ’Se ti mes dis ven déixoo todo… pero dime ven’, ou o máis recente ‘O mellor de ir é volver’.

Coa súa película ‘Planta 4ª’, dirixida por Antonio Mercero, estivo nomeado ao Premio Goya, e a serie televisiva ‘Pulseiras vermellas’, gañadora de dous premios Emmy, conseguiu facer viral a súa historia e a dos seus compañeiros de hospital máis aló das nosas fronteiras, chegando a emocionar a Steven Spielberg, que se encargou da versión estadounidense.

A miña nai hospitalaria tiña 92 anos e era de Zaragoza. Colleunos a todos os rapaces que tiñamos cancro e deunos un berro de guerra: ‘Non somos coxos, somos  coxonudos!’, que encantábanos. Ela ensinounos que non existe a felicidade, senón ser feliz cada día. Tiña esa forza, esa enerxía, de facerme crer que todo era posible”. Sempre co humor e a tenrura de fondo, Albert Espinosa decidiu retirarse dos focos para dedicar o seu tempo para escribir novos libros, unha serie e outra película, ler e gozar da vida. Este é o seu legado.

0 comentarios