Facebook Twitter Google +1     Admin

TRES HISTORIAS DA EXPLORACIÓN ESPACIAL E UNHA MENSAXE PARA A HUMANIDADE

por vgomez el 04/05/2021 08:23, en OPINIÓN E COMENTARIO



"Por que buscar vida noutros planetas? Porque están aí. Os humanos somos exploradores desde as nosas orixes: se algo define ao cerebro humano é a capacidade de facerse preguntas e explorar. Explorar en procura de novos territorios de caza ou novas paisaxes, ou cando se inventan os barcos, cruzar o mar para ver que hai alén, ou a principios do século XX, coa aviación, ir máis aló do que poderiamos ir con calquera outro medio. Desde os anos 50, a exploración espacial é o mesmo océano que cruzabamos cos barcos e agora tentamos cruzar coas nosas naves. A exploración espacial é a punta de lanza da capacidade dos humanos, do interese dos humanos, por explorar. E a pregunta máis fascinante que nos podemos facer cando imos a outro lugar é se nesoutro lugar pode xurdir vida".

Con esta formulación, a medio camiño entre a ciencia e a ciencia ficción, o científico e escritor Carlos Briones resume o porqué da exploración espacial e da súa propia investigación. Desenvolve a súa carreira como Bioquímico e Biólogo Molecular, doutor en Ciencias e coordinador do Grupo de Evolución Molecular, Mundo RNA e Biosensores no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), onde continúa buscando respostas á orixe e evolución temperá da vida, a xenética de virus RNA, a evolución in vitro de ácidos nucleicos e o desenvolvemento de biosensores. Nos seus libros ’Orixes. O universo, a vida, os humanos’ e ’Estamos sós?’ achega ao público xeral os últimos descubrimentos sobre astrobioloxía e  cosmoloxía.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.