EDUCACIÓN: RATIO ESCOLAR
Segundo un informe do MEC (Ministerio de Educación e Ciencia) feito público no pasado xullo e que Galicia presenta as estatísticas máis favorables de toda España en canto á ratio escolar ( número de alumnos por aula). As galegas son as clases menos masificadas, polo que a atención aos escolares é, polo menos na teoría, das máis personalizadas e individualizadas de España.
En función das distintas etapas educativas, a comunidade está no primeiro, segundo ou terceiro posto cun número menor de estudantes. No caso de educación infantil sitúase á cabeza, con só 18,3 nenos por clase. En primaria, o número de escolares por clase baixa ata os 17,7 de media. En secundaria a cociente por aula está en 20,6 mentres que en bacharelato tamén se sitúa no segundo posto con 20,5 alumnos por clase.
O que si é común a todas as comunidades, segundo o citado informe, foi que no curso 2007-2008 os centros privados e concertados presentan unha maior masificación que os públicos. O 28,3% dos nenos estudan en Galicia nun centro privado concertado, unha porcentaxe que ascende sobre todo na segunda etapa de infantil (de tres a seis anos).
Se Galicia caracterízase por ter aulas semivacías nalgunhas ocasións, é lóxico pensar que os seus colexios tampouco albergan un número inxente de alumnos. Segundo o informe do MEC, o cociente de estudantes por colexio é de 211,4, a máis baixa de España.
A pesar do positivo da educación máis personalizada ao ter menos alumnos por clase, as cifras revelan tamén que Galicia segue perdendo escolares debido á caída demográfica. Segundo o Instituto Galego de Estatística, o curso pasado matriculáronse 367.659 escolares, 4.167 menos que o anterior, cando houbo xa sete mil menos que xusto un ano antes. Fai só un decenio había en Galicia medio millón de alumnos. En canto ao número de profesores Galicia supera os 36.700.
0 comentarios