Blogia
vgomez

UN NENO TDAH

 

Foi un neno distraído, con problemas de aprendizaxe, hiperactividade e fracaso escolar. Pero acabou sendo un avalado psiquiatra de fama internacional.

A historia de Luís Rojas-Marcos é o resultado dunha enorme capacidade de superación. Tras licenciarse como médico en Sevilla, emigrou a Nova York a finais dos 60 para estudar psiquiatría. Tras máis de 40 anos de traxectoria en Estados Unidos, os seus traballos de investigación e as súas pioneiras achegas neste campo levárono a converterse nun referente para médicos, psiquiatras e psicólogos de todo o mundo. Nos anos 90 foi o máximo responsable dos Servizos de Saúde Mental, Alcoholismo e Drogodependencias da cidade de Nova York. O 11 de setembro de 2001 foi testemuña dos atentados contra as Torres Xemelgas, mentres ocupaba o cargo de presidente do sistema de hospitais públicos da cidade. Alí tivo un papel fundamental na creación de grupos de apoio para os familiares das vítimas.

 Luís Rojas-Marcos é profesor de psiquiatría na Universidade de Nova York e autor de numerosas obras de divulgación, nas que aborda temas como a importancia do optimismo, a relación entre a linguaxe e a felicidade, a superación da adversidade ou a autoestima. En 2010, o Consello de Ministros español concedeulle a Orde das Artes e as Letras.

0 comentarios