Blogia
vgomez

EXPERIMENTOS CASEIROS

O BILLETE QUE ARDE... E NON SE QUEIMA!

Este divertido experimento ilustra o proceso de combustión e a inflamabilidade de alcohol.

Que necesitas?

- 1 vaso con auga

- 1 vaso con etanol (alcohol de farmacia)

- 1 vaso baleiro para facer a mestura

- 3 anacos de papel do tamaño dun billete

- 1 billete de 5 € (non vaia a ser…)

- Un chisco de sal

- Unhas pinzas de cociña (ou de laboratorio se es máis ‘pro’, a finalidade é non queimarse ao acender o billete)

- Acendedor
   
Pasos a seguir:

Coa axuda das pinzas, colle un anaco de papel e introdúceo primeiro no vaso de auga. Colle o chisqueiro e tenta prenderlle lume. Como verás, non hai combustión. Iso débese a que a auga impide que o papel chegue á temperatura de ignición necesaria para arder. Pero, que ocorre se engadimos unha substancia inflamable ao xogo?

Repite o paso anterior introducindo o papel primeiro no vaso de auga e logo no do alcohol (coas pinzas eh!, que nos coñecemos). Ao prenderlle lume verás que esta vez si arde. O primeiro que prende é o etanol (ignición a 78º C) que é inflamable. A auga é o que se encarga de ‘protexer’ ao papel (impide que chegue a unha temperatura superior a 100º C e saia ardendo).

Para darlle máis emoción ao asunto, utiliza agora o vaso baleiro e o billete de 5 €. Fai unha mestura ao 50% de auga e alcol e engádelle un chisco de sal (para que a labarada sexa máis laranxa e máis vistosa). Impregna o papel dese líquido, cólleo coas pinzas e lume! O billete debería arder ata que se consuma o alcol e despois quedar intacto.

Explicación:

A mestura que preparamos fai que a auga se evapore a medida que o alcohol se queima, polo que nunca chega a arder. Isto é grazas ao gran poder de enfriamento que ten a auga ao evaporarse, facendo que o billete non alcance a temperatura suficiente para queimarse.

Iso si, coidadiño! E se eres un nen@ coa presenza dun adulto!

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia

AS PLANTAS CAMBIAN DE COR

Experimento divertido  onde as plantas cambian de cor cun pequeno truco.

Con el, demostrarenos como as plantas transportan a auga ata o talo, a través do  xilema, para chegar ás follas e hidratar os pétalos.

Que necesitas?

- Tarros de cristal baleiros (tipo marmelada)

- Colorantes vexetais

- Auga

- Caraveis,  cristantemos,  xerberas ou calquera tipo de flor branca (como as da foto)

Pasos a seguir:

Bota auga en cada un dos frascos. Colorea cada tarro co colorante vexetal, preferiblemente, cada un dunha cor distinta. Introduce as flores que queiras en cada frasco. Obsseva e deixa que a natureza faga o seu traballo. Nun par de horas, os resultados deberían de ser máis que visibles, aínda que o proceso podería dilatarse un par de días segundo as condicións ambientais e outros factores.

FONTE: theimaginationtree. com/quo.eldiario.es/ciencia

PODE ARDER O FUME?

 

Material: candea e acendedor.

Colle unha candea, será mellor se é unha desas que cando as apagas deixa un bo fío de fume branco”. Javier Fernández Panadero explícanos como acender a candea sen achegar o acendedor a esta, só achegándoa ao fío de fume. “Desta forma, esa cor branca do fume vén de sustancias inflamables e que aínda non se queimaron e que son susceptibles de arder”.

NOVE EXPERIMENTOS CASEIROS PARA NON ABURRIRSE

 

Descobre 9 experimentos e inventos tolos que podes facer en casa para non aburrirte!

Que disfrutes!

CANTO SABES DE GALICIA XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1981. Logo de ser aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha moi baixa participación na votación (28,27%), o 6 de abril de 1981, este estatuto foi asinado por O rei Xoán Carlos I de España, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, no Palacio Real de Madrid, entrando pois en vigor.

E imos coa pregunta de hoxe?

10. Memorías dun neno labrego, é una novela histórica e social publicada en Argentina en 1961. Trata das lembranzas de infancia dun neno pobre do campo galego, sendo o libro máis lido da literatura galega. Quen foi o seu autor?

- Afonso D. Rodríguez Castelao

- Álvaro Cunqueiro Mora

- Xosé Neira Vilas

- Eduardo Blanco Amor

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: edu.xunta.gal

 

EXPERIMENTOS PARA FACER NA CASA

 

No vídeo superior tes 19 experimentos sinxelos para facer na casa e resultados espactaculares.

Iso si, respecta as normas de seguridade!

EXPERIMENTO: SACANDO CHISPAS AS UVAS NUN MICROONDAS

 

O primeiro que teñen que saber é que non hai que facer este experimento en casa sen a supervisión dun adulto, aínda que o truco pareza relativamente sinxelo. Logo, non se necesita máis que un microondas e unha simple uva, como é evidente. Córtase o froito pola metade e introdúcese no interior do electrodoméstico, do que podemos retirar incluso o prato  giratorio.

Cando se pon en marcha o aparello, o efecto é espectacular. Labaradas dunha cor alaranxada brotan da uva. A sensación é aínda máis forte se se pon o froito dentro dun vaso (transparente) virado boca abaixo. As ondas de plasma irrádianse no interior do recipiente creando unha imaxe asombrosa e  extrañamente  hipnótica. 

O fenómeno da xeración de plasma en uvas dentro dun microondas implica un efecto óptico masivo que só depende do que esta froita é principalmente auga e que teñen a talla correcta. Debido á súa composición e tamaño, as uvas poden ‘atrapar’ microondas no interior. Cando pos dúas uvas xuntas, ademais, estes microondas atrapadas poden ’saltar’ entre elas xerando un ’punto quente’ entre eles. Neste punto o campo electromagnético das microondas está fortemente  amplificado, e se é activado durante o tempo suficiente pode dar enerxía aos  iones da uva e crear o plasma”.

Investigadores da Trent University propuxéronse descubrir por que se daba esta circunstancia e detectaron, segundo o estudo publicado na revista Proceedings of the National Academy of Science, a “gran susceptibilidade dieléctrica (con baixa condutividade eléctrica) da auga en frecuencias de microondas”, o que dá lugar ao plasma  fotónico saíndo do espazo  acuoso das dúas metades da uva.

As partes desta froita actúan como esferas de auga que, debido ao seu gran índice de refracción e pequena capacidade de absorción, crean resonadores a 2,4 ghz. Ambos os hemisferios cortados mostran un punto quente na zona de contacto que é suficiente para formar un campo de  iones co sodio e o  potasio (abundantes na pel), o que acaba acendendo o plasma”, escriben.

FONTE: David Ruiz Marrull/lavanguardia,com/ciencia

TRUCOS PARA SITUACIÓNS EXTREMAS

 

Queres coñecer os trucos de supervivencia que todos deberiamos saber? Non importa onde vivas, os accidentes poden ocorrer en calquera lugar.

Por certo, aínda que vexades ao principio do vídeo CHICAS (como se elas fósen inútiles) non fagades caso deses tópicos. A calquera de nós, home ou muller, pode atoparse nesa situación e o importante é a solución, neste caso resolta moi ben por unha muller. O que vale, vale!