NEW FLAME, OUTRO DESASTRE

O cargueiro panameño "New Flame" , que quedou semiafundido a media milla de Xibraltar tras colisionar co petroleiro "Torm Gertrud" o pasado 12 de agosto, choque que deixou toneladas de resíduos, está xa case totalmente afundido e mandou á costa de Alxeciras (Cádiz) por terceira vez manchas de hidrocarburos.
É lamentable que despois de 6 meses, ¡SEIS MESES! , aínda se siga nesa situación, e nada fixera Xibraltar por solucionar o problema. Parece que agora, xa era hora, o goberno español toma algunha decisión IMPORTANTE para poñer coto ao despropósito da colonia británica en solo español.
Esperemos que sexa o principio do fin desta situación que aos galego nos recorda vellas pantasmas como o CASÓN, PRESTIGE, etc.
0 comentarios