Blogia
vgomez

ORNITORRINCO

ORNITORRINCO

O ornitorrinco, soa a bicho raro. Este mamífero peludo ten un pico plano e pes palmeados, pon ovos pero amamanta ás súas crías. Cando os naturistas o atoparon en Australia, alá polo século XIX, pensaron que no taller da creación foi feito con pezas soltas que sobraron despois de ensamblar ao resto dos animais.

O ortinorrinco (Ornithorhynchus anatinus) acaba de ser estudiado dende a súa secuencia xenómica(1) completa na que amosa que é raro neste aspecto. É un cóctel de ADN que o relaciona cos réptiles, aves e mamíferos, aspectos que non aparecen normalmente xuntos, pero que si debereon estalo no pasado, cando a natureza creaba deseños.

O traballo ocupa a portada, que se reproduce, da revista "Nature" e preséntase como "un avance incalculable para saber como xurdiron os principais procesos biolóxicos nos mamíferos" con aplicacións prácticas incluso na materia de saúde humana. Científicos de moitos países, entre eles de España, traballaron para secuenciar o xenoma do ornitorrinco e comparalo con outros xa coñecidos, como os do home, rato, can, etc. O ornitorrinco comparte o 80% do xenoma co ser humano, o que supón unha gran distancia. Pero o fundamental foi descubrir que partes conserva xa perdidas polo resto dos mamíferos e cales son únicas nel.

(1)Xenoma: É todo o materia xenético contido nas células dun organismo en particular. Polo xeral, ao falar de xenoma en seres eucarioras refírese só ao ADN contido no núcleo, organizado en cromosomas.

0 comentarios