NOMES PROPIOS: HUBBLE
Edwin Powell Hublle naceu o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudiou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na Universidade de Oxford. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na Primeira Guerrra Mundial.
En 1917 doctorouse en Física no Observatorio de Yerkes da Universidade de Chicago. Traballou no observatorio de Monte Wilson ata 1953.
Durante a súa vida utilizou para as súas observacións os mellores telescopios: Hale, Hooker, etc. As observacións realizadas durante os anos 1923 e 1924 viron a luz o 30 de decembro dese ano. Confirmou as observacións de Emmanuel Kant sobre a existencia do que chamou "universos illas". Hubble afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que as nebulosas observadas ata o momento con telescopios menos potentes, non forman parte da nosa galaxia. Confirmou a exsietencia de galaxias diferentes á Vía Láctea. Á súa vez, puido observar estrelas individuais no brazo espiral de Andrómeda.
En 1919 publicou a "ley de recesión da galaxias", tamén coñecida como ley de Hubble, que permitía calcular tanto o tamaño como a idade do Universo, poñendo os cementos que sostiñan as primeiras hipóteses da expansión do Universo. A súa orixe explícase actualmente por medio da teoría do Grande estoupido ou Big Bang.
Habble foi o precursor da clasificación dos tipos de galaxias, que aínda perdura sen moitos cambios. A divulgación dos seus descubrimentos quedou reflectida na súa obra "Realm of the Nebula" (1936).
Participou no deseño dos maiores telescopios de Monte Palomar. Polas súas aportacións ao campo da Astronomía e Cosmoloxía púxoselle o seu nome ao telescopio orbital lanzado ao espazo en 1990.
Morreu dunha trombosis cerebral en San Marino (California-Estados Unidos) o 28 de setembro 1953.
0 comentarios