AS BURGAS
Hai uns días, paseando por Ourense, pasei preto das Burgas. Veume á cabeza aquel dito popular: "Tres cousas hai en Ourense que non hai en España: O Santo Cristo, a Ponte Romana e as Burgas fervendo a auga". Quero hoxe darvos acoñecer un deses lugares: As Burgas.
As burgas son uns manatiais de auga que brotan a unha temperatura entre 64 e 68 ºC e cun caudal de 300 litros por minuto. Son augas mineromedicinais recomendadas para problemas de pel, reuma e artritis.
Estas aguas proceden das fracturas do terreo que permiten que a auga da chuvia se filtre a gran profundidade (2,5 - 3 km) que ademais de adquirir os minerais aumenta a súa temperatura no descenso. Aínda que a lenda di que teñen a súa orixe nun volcán situado baixo a ciudade de Ourense, ou, para os máis relixiosos, que nacen debaixo dos pés do Santo Cristo da Catedral.
As Burgas consta de tres partes: A Burga de Abaixo, que corresponde a fotografía que vos amoso, fonte de estilo neoclásico, deseñado polo arquitecto Trillo a mediados do século XIX, que consta de tres corpos, cada un co seu cano, o central máis elevado e absidiado. Nos arredores hai un xardín de mediados do século XX.
Ascendendo, atópase e unha esplanada ampla centrada por un estanque con dúas esculturas.
Finalmente na parte superior atópase A Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. Nese mesmo lugar hai e unha réplica de catro aras atopadas da cidade que testemuñan a presencia romana en Ourense.
Outro día falareivos da Ponte.
0 comentarios