A IDADE
Todos os seres humanos pasamos por distintas etapas ao longo da nosa vida: nenez, adolescencia, madurez e vellez. Precisamente sobre a IDADE imos reflexionar coas seguintes FRASES:
A primeira é do arquitecto americano Frank Lloyd Wright (1867-1959):
"A xuventude non é máis que un estado de ánimo"
A segunda é do boxeador americano Muhammad Alí, máis coñecido como Cassius Marcelus Clay (1942):
"O home que aos 50 anos ve o mundo igual que aos 20, desperdiciou 30 anos da súa vida"
A terceira é do científico estadounidense e inventor do pararraios, Benjamín Franklin (1706-1790):
" Aos 20 anos, reina a vontade; aos 30, o inxenio, e aos 40 o xuízo"
Para rematar, unha frase que é un proverbio sueco (frase curta e fixada, xeralmente en forma de imaxe, coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia):
" Os mozos van por grupos, os adultos por parellas e os vellos van sós"
0 comentarios