SABES QUEN O DIXO V
A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “Casa cun arqueólogo. Canto máis vella te fagas, máis encantadora atoparate”. Sen dúbida é unha das frases máis coñecidas desta escritora británica. Agatha Christie (Agatha Mary Clarissa Miller, 1890-1976) é unha das autoras máis traducidas do mundo e as súas novelas e relatos adaptáronse multitude de veces ao teatro e ao cinema.
Por certo, as outras dúas frases son de Indira Gandhi.
E imos coa proposta para hoxe!
5. De que famoso escritor é esta cita?: “Morrer, durmir… durmir? Talvez soñar”
- Lord Byron
- William Shakespeare
- Ernest Hemingway
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es
0 comentarios