UN COMENSAL CONVERTIDO EN BANQUETE
Os rover mariños da Adminstración Nacional Oceánica e Atmosférica de EE. UU (NOAA) está a revelar impactantes imaxes dos fondos mariños. O último vídeo difundido por este organismo reflicte como os comensais dunha cea submarina acabaron sendo o banquete.
A acción tivo lugar a uns 450 metros de profundidade preto da elevación do fondo mariño da costa de Carolina do Sur. Ao explorar o naufraxio do petroleiro SS Bloody Marsh, o vehículo de control remoto Deep Discoverer da NOAA atopou os restos dun peixe espada de 2,5 metros que estaba a ser masticado por case unha ducia de quenllas de augas profundas.
No vídeo recóllese como estes peixes, que pertencerían a dúas especies diferentes, o peixe lobo de augas profundas e o peixe cebra, van mordendo o cadáver de forma voraz. Ambas as especies son comúns neste tipo de profundidades e adoitan nadar lentamente buscando algún bocado que pasa por alí ou un animal morto do que poden aproveitar a súa carne.
Con todo, mentres os «pequenos» degustaban o seu prezado manxar, unha cherna ou mero branco (Polyprion americanus) que pasaba por alí (minuto 1.42) engulíu dun só bocado a un dos comensais, que converténdose no banquete. Cunha envergadura que pode superar os dous metros de lonxitude e escondidos en augas profundas e restos de naufraxios, esta cherna apareceu da nada fronte aos obxectivos, sorprendendo á tripulación do Deep Discover, escoitánoa dicir: "Iste evento raro e sorprendente déixanos con máis preguntas que respostas, pero esa é a natureza da exploración científica".
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios