LINGUA AZUL
Nestes últimos días estase a falar nos medios de comunicación dunha enfermidade animal denominada lingua azul. ¿Pero que é?
A lingua azul (LA) é unha enfermidade non contaxiosa, de etioloxía viral que afecta aos ovinos, caprinos, bovinos e algúns rumiantes silvestres. É transmitida principalmente por picaduras de insectos atrópodos hematófagos do xénero Culicoides.
A enfermidade caracterízase por producir procesos febriles con inflamación catarral nas mucosas respiratorias e dixestivas, inflamación nas bandas coronarias e láminas sensibles nas pezuñas, así como tamén dexeneración muscular.
A duración do período de incubación da enfermidade é de 7 a 10 días nas ovellas e de 40 nos bovinos.
Non hai ningún tratamento para esta enfermidade. A recuperación dos animais afectados poderá ser axudado por suministro de sombra, auga comida e refuxío. De calquera xeito tamén actuarase de acordo coa profilaxe médica: cuarentenas en zonas non afectadas e vacinacións.
A lingua azul non é unha zoonosis, non afectando aos productos que se comercializan das especies bovina, ovina e caprina. Esencialmente trátase dun problema económico das gandeirías afectadas que se enmarca dentro da sanidade animal e non a humana.
0 comentarios