UN LIBRO PARA LER: "MEJOR MANOLO"
Neste Nadal, trouxérome un agasallo moi particular. Ás miñas fillas saben que son un seguidor do personaxe "Manolito gafotas" da escritora Elvira Lindo , por iso o libro regalo foi "Mejor Manolo", o último publicado da serie: "Manolito gafotas", "Pobre Manolito", "¡Cómo mola!", "Los trapos sucios", "Manolito on the road", e "Manolito tiene un secreto".
Nesta nova entrega, Manolito, o neno dos "García Monero de Carabanchel Alto", xa medrou e na súa vida aparece unha nova irmá, "la Chrirli" (unha Lady Gaga en miniatura) que comparte vida con Manolo (o pai), Cata (a nai), Nicolás (o avó) e Manolito, "el imbécil" (irmán). Xunto a eles seguen Yihad, Susana Bragas Sucias, El Orejones, e Melody Martínez, a súa moza (ou algo así).
A vida desta familia é a imaxe da España actual, coa crise, salpicada de pinceladas da adolescencia, como o amor,...
Se nunca lestes nada deste personaxe, collede un dous seus libro; seguro que espertará en cada un de vós, a curiosodade e a observación que este neno ten polo o que o rodea, pero coa súa inocencia e sensibilidade.
Merce a pena lelo!
0 comentarios