¡FELICIDADES AGUSTÍN!

Agustín Fernández Paz (Vilalba-Lugo. 1947)
Agustín Fernández Paz foi onte galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2008 pola súa obra "O único que queda é o amor".
Seguro que moitos o lembrades, pois o curso pasado estivo dando unha charla no noso centro. Eu tíveno como ponente-profesor en varios cursos de normalización lingüística. Moitos dos seus libros foron libros de lectura de aula dos meus alumnos-as.
¡Moitas felicidades!
0 comentarios