A GUARDA, UN PARAÍSO NATURAL
Dicir que "A Guarda é un paraíso natural" non é só unha frase feita, é unha realidade. Se cadra non apreciada na súa medida polos propios habitantes, pero si polos que a visitan ou os que non sendo nativos vivimos aquí encandilados por este lugar.
Na Guarda danse cita o río Miño e o seu entorno do esteiro, o bravo océano Atántico coa súa costa e a zona de monte representada polo monte Torroso e o Monte Trega. ¿Quen ten a posibilidade de atopar un lugar, pequeno en extensión por certo, con tanta variadade?
Pero os paraísos hai que coidalos, por todos, por forasteiros e por residentes, pois de non facelo non perdudará no tempo e sería unha mágoa que os nosos descendentes non puideran disfrutar desta paráxe natural.
Non quixera olvidar o patrimonio cultural con que contamos, moitas veces esquecido como o Castelo de Santa Cruz, as Igrexas Parroquiais, a Citania, a Tore do Reló e un longo etc. do que tamén debemos preocuparnos en coñecelo e coidalo.
En resumo, vivimos nun lugar único. ¡Coidémolo e disfrutemos del !
0 comentarios