REMATA A CUMBRE CLIMÁTICA DE POZNAN
Al Gore, na cumbre do clima de Poznan (Foto: EFE)
Na pasada madrugada rematou en Poznan (Polonia) a XIV Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC), na que participaron 190 paises e con poucos acordos importantes.
Os documentos que saen desta conferencia son manter a referencia da conferencia de Bali (Indonesia) do pasado ano, sobre reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro entre un 25 e un 40 % para os países industrializados. Así mesmo danlle un impulso ás axudas destinadas aos países pobres para facer fronte aos efectos do cambio climático, aínda que cunha cuantía moi baixa, polo que os países afectados mostraron a súa decepción.
Escomenza agora o camiño cara a cumbre de Copenhague, para a que queda case un ano e da que terá que saír un novo réximen climático que sustitúa ao protocolo de Kioto, que remata no 2012. Para logralo haberá catro citas antes da danesa, a primeira en marzo a celebrar en Bonn (Alemania).
Esperemos que daquela a crise non faga acto de presencia, coma nesta, e os compromisos sexan maiores.
Se aínda non coñeces o contido do protocolo de Kioto pincha no seguinte enlace e obterás toda a información sobre o mesmo PROTOCOLO DE KIOTO
0 comentarios