WILKINS A PUNTO DO COLAPSAR
Plataforma de xeo de Wilkins (Antártida) (Foto: Reuters/Bas)
As plataformas de xeo son extensións de capas de xeo continental que flotan no mar. A plataforma de Wilkins, que se atopa na península ártica, que na súa orixe cubría 16.000 km2, foi perdendo superficie e está a punto de desaparecer. Neste momento atópase unida por unha franxa de 40 km de longo (cando hai 50 anos era de 100) e 500 m de expesor no punto máis estreito. A temperatura na península antártica aumentou uns 3ºC dende 1950.
¿Cambio Climático?
A Antártida ou continente antártico é unha masa terrestre cuberta na súa maior parte por xeo e que rodea ao Polo Sur. Considérase continente antático a todos os territorios e mares situados ao sur do paralelo 60º, incluíndo os arquipélagos das Georgias do Sur e Sandwich do Sur, que son as rexións máis próximas ao continente sudamericano.
Se queres coñecer máis deste continente xeado, podes facelo na seguinte páxina onde Alfredo Merino (enviado especial do xornal El Mundo) e que participou na expedición Internacional Inspire Antartic, que tiña por obxectivo chegar a E-Base (que é un edificio ecolóxico e sustentable que funciona dun modo eficaz dende o punto de vista medioambiental e de recursos. Pincha aquí A ANTÁRTIDA
0 comentarios