Blogia
vgomez

PROTEXER OS BOSQUES PARA PROTEXER A VIDA

Os bosques, ese hábitat asombroso onde a natureza desprega toda a súa diversidade, son o fogar do 80% das especies animais e vexetais do planeta. Tanta importancia teñen que, en 2012, as Nacións Unidas proclamaron o 21 de marzo como o Día Internacional dos Bosques, unha data que celebramos desde 2013. Os organizadores oficiais, incluíndo o Foro das Nacións Unidas para os Bosques e a FAO, traballan en conxunto con outras entidades para destacar a vitalidade destes ecosistemas.

A pesar de ocupar un terzo da superficie terrestre, aproximadamente 4.000 millóns de hectáreas en case todos os continentes, os bosques enfrontan unha ameaza crítica. Na última década, a taxa de desaparición destes ecosistemas alcanzou unha media de 5,2 millóns de hectáreas por ano.

Pero aínda hai máis información que vale a pena explorar.
 
1. Os bosques: os grandes almacéns de CO2  
O que máis se escoita é que as árbores limpan o aire de gases contaminantes como o monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, de xofre etc.. pero a realidade é que as árbores son particularmente bos para almacenar carbono nos seus troncos leñosos. Son tan bos, que os bosques tropicais conteñen máis carbono do que a humanidade emitiu no últimos trinta anos queimando carbón, petróleo e gas natural.

BBVA-OpenMind-dia internacional de los bosques-dmitry-bukhantsov Los bosques son capaces de almacenar entre 1.500 y 2.400 Gt de CO2 en sus suelos. 
 Os bosques son capaces de almacenar entre 1.500 e 2.400 Gt de CO2 enoa seus solos

Os bosques absorben carbono durante a fotosíntese, pero tamén poden liberar carbono almacenado debido á deforestación, incendios e descomposición. Pero a cantidade de carbono que os bosques poden capturar a medida que o planeta se quenta depende do equilibrio entre o crecemento das árbores, estimulado polos niveis máis altos de carbono atmosférico, e o estrés e a morte das árbores causadas polo aumento das temperaturas e a seca.

Por tanto, hai que exporse unha correcta xestión forestal para evitar un desenlace fatal para a humanidade e seguir gozando destas fascinantes xoias naturais.


2. Os bosques: os supermercados da humanidade

Os sistemas forestais captan o CO2 da atmosfera grazas á enerxía do sol. As plantas transforman as moléculas inorgánicas en moléculas orgánicas que usan na construción das súas estruturas vitais: flores, froitos, ramas, troncos, raíces, follas, etc. Estes produtos elaborados serán consumidos polos animais e os seres humanos, e o carbono que conteñen, será liberado de novo á atmosfera.

BBVA-OpenMind-Bosques supermercado-ural-jungle-72
A humanidade atopou unha fonte “inesgotabel” de recursos nos bosques

Os bosques son fontes vitais que proporcionan unha variedade de produtos, como madeira, froitos do bosque, resinas e outros, con mercados significativos a nivel local, nacional e internacional. Estes produtos, a parte de xerar ingresos e emprego, tamén proporcionan alimentos, medicamentos e combustible para quentar as casas e cociñar.

Ademais, a madeira extraída dos bosques tamén se utiliza de maneira máis sostible na construción de vivendas e estruturas en pobos e cidades, destacando a súa contribución ao desenvolvemento responsable e respectuoso co medio ambiente.
 
3. Os bosques: os pulmóns do planeta

Na Terra, a cada momento, fabrícanse inmensas cantidades de osíxeno. Pero aínda que a selva amazónica sexa a maior extensión de bosque do planeta, en realidade a súa contribución a esa produción total de osíxeno, é minoritaria. Aproximadamente,  o 50% da fotosíntesis ten lugar nos océanos, grazas ao fitoplancto e ás algas presentes na capa superior de auga que recibe a luz do sol. Este dato levou a afirmar que  os océanos son o verdadeiro pulmón do planeta.

BBVA-OpenMind-Yanes-Pulmones de la Tierra_ 3 Los bosques, los océanos y el resto de los ecosistemas son los controles centrales de regulación del clima terrestre. Crédito: Jacob Plumb 
Os bosques, os océanos e o resto dos ecosistemas son os controis centrais de regulación do clima terrestre / Jacob Plumb

Pero aínda que os bosques non resulten ser estes pulmóns, e volvendo á selva amazónica, non respiramos grazas a ela,  a súa importancia para a saúde do planeta é case indescritible: alberga a maior biodiversidade global, desde os seus 2,5 millóns de especies de insectos ata o 20% das aves de todo o mundo, pasando polos seus 40.000 tipos de plantas distintas, todo iso que coñezamos ata o de agora. Polo río Amazonas flúe a quinta parte das augas doces que se verten aos océanos, e o seu papel no ciclo global da auga e na regulación do clima terrestre é insubstituíble.

4. Os bosques: salvadores das cidades

Existen certos mitos ao redor do que as plantas poden ou non poden facer, pero non hai ningunha dúbida de que o seu espazo non se limita ao natural, senón que deben estar tamén no noso: son unha parte esencial das cidades máis sostibles e das contornas interiores máis saudables, e cada vez serano en maior medida.

BBVA-OpenMind-Yanes-Plantas y zonas verdes 1 Un solo árbol puede recortar el 3% de la energía consumida por un hogar a los cinco años de plantarse, y el 12% en 15 años. Crédito: Robert Bye
Unha soa árbore pode reducir nun 3% da enerxía consumida por un fogar aos cinco anos de plantarse, e o 12% en 15 anos / Robert Bye

A presenza de zonas verdes nas cidades vai máis aló de proporcionar estética e recreación, ofrecendo beneficios que contribúen a cumprir múltiples Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.

Segundo as botánicas ambientais Jessica Turner-Skoff e Nicole Cavender, “os beneficios que as árbores proporcionan poden axudar ás cidades e os países para cumprir polo menos 15 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas”. Ademais, o Foro Económico Mundial (FEM) destaca cinco os beneficios esenciais das cidades verdes a nivel ambiental, social, económico, para a biodiversidade e a saúde

En termos ambientais, as árbores actúan como reguladores naturais do clima, reducindo o efecto de illa de calor e diminuíndo o consumo de enerxía. Funcionan como “aspiradoras de dióxido de carbono”, equilibrando o sistema ecolóxico ao absorber CO2. Esta presenza arbórea non só protexe contra enfermidades relacionadas coa contaminación, senón que tamén mellora a calidade xeral da saúde dos residentes.

Ademais, as árbores en contornas urbanas fomentan a calidade de vida, a igualdade social e a inclusión, actuando como construtores de comunidades locais, promovendo a biodiversidade urbana e,  ofrecendo protección e mellora a todos aqueles que coexisten na súa contorna.
 
5. O lume: o seu maior inimigo?

O cambio climático está a aumentar a frecuencia e a intensidade dos incendios forestais en todo o mundo. Son unha das grandes ameazas para a natureza e os seus habitantes, incluídos os humanos. No seu Sexto Informe de Avaliación, publicado en 2021-22, o Panel Intergobernamental de Cambio Climático de Nacións Unidas (IPCC) constataba que “no Amazonas, Australia, América do Norte, Siberia e outras rexións, os incendios forestais están a queimar áreas máis amplas que no pasado”. Ademais, o aumento destes incendios retroalimenta o cambio climático debido ao carbono acumulado na biomasa que se libera á atmosfera.

BBVA-OpenMind-Yanes-incendios forestales protegen de plagas_2 En los años 90 EEUU comenzó a introducir un mayor uso de los fuegos controlados como herramienta de gestión de los ecosistemas. Crédito: Wikimedia Commons.
Nos anos 90 EEUU comezou a introducir un maior uso dos lumes controlados como ferramenta de xestión dos ecosistemas / Wikimedia Commons.
Con todo, nos anos 90 EE.UU. comezou a introducir un maior uso dos lumes controlados como ferramenta de xestión dos ecosistemas, dado que o lume é unha parte natural das comunidades forestais de coníferas, e hai numerosas especies de plantas e animais que dependen de lumes graves para sobrevivir. Por exemplo as secuoyas, cuxas piñas dependen do lume para abrirse e liberar as sementes. Nalgunhas zonas dos parques de Yosemite e Sequoia-Kings Canyon, o lume reduciu a masa forestal nun 20%, o que promoveu o crecemento de matogueira e praderías, o aumento da humidade do chan no verán nun 30%, favoreceu  a diversidade de especies, diminuíu a mortalidade das árbores pola seca e facilitou a adaptación ao cambio climático. Pero non é ouro todo o que reloce, xa que os grandes incendios están a destruír a capa de ozono.

Os bosques son un dos ecosistemas máis importantes do planeta. Non só son o fogar dunha gran cantidade de especies animais e vexetais, senón que tamén son esenciais para a regulación do clima e a calidade do aire. Ademais, son unha fonte importante de recursos naturais para os seres humanos. Con todo, os bosques están a ser ameazados pola deforestación e o cambio climático. É importante que tomemos medidas para protexer e preservar estes valiosos ecosistemas para as xeracións futuras.
FONTE: Paz Palacios/bbvaopenmind.com/ciencia/medioambiente

0 comentarios