Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... POR QUE AS PELOTAS DE TENIS SON PELUDAS?

SABÍAS QUE... POR QUE AS PELOTAS DE TENIS SON PELUDAS?

Segundo as cifras oficiais, no torneo Roland Garros utilízanse unhas 5.000 pelotasde tenis cada día de competición. O nome deste popular deporte fai referencia a tenez, unha palabra francesa que significaba recibir. E é que nos seus comezos o xogador que executaba un saque berraba ao seu rival Tenez (toma), para avisar que lle enviaba a pelota.O primeiro partido de tenis do que se teñen noticia foi un encontro entre dobres, máis concretamente, entre catro demos. Pasou á posteridade grazas ao monxe Caesarius de Heisterbach que o recolleu no Dialogus Miraculorum, unha obra escrita cara a 1219.O relato é verdadeiramente conmovedor, alí cóntallenos que un seminarista, Pierre, era coñecido pola súa estupidez e falta de memoria. Cansado de ser o ridículo dos seus compañeiros decidiu vender a súa alma ao diaño a cambio dunha pedra que contiña toda a sabedoría. Desta forma, da noite para a mañá, transformouse nun estudante exemplar, o cal posibilitou que co transcorrer do tempo fose o abade do mosteiro cisterciense de Morimond, no alto Marne.Unha vez que o clérigo caeu enfermo e faleceu catro demos extraeron a alma do seu corpo e fóronse a un val no que emanaban vapores sulfurosos, alí colocáronse dous en cada extremo e, coas uñas dos seus dedos, entretivéronse pasando e rachando a cada golpe a alma de Pierre.Lendas aparte, parece ser que as orixes do tenis atópanse en Francia, alá polo século XIV. Naquel momento o xogo consistía en golpear coa man unha bolsita rechea de pelo, a pelota.Para darlle unha maior velocidade ao xogo, tempo despois creouse unha pelota máis resistente e rechea dunha combinación de masilla e pelo. Durante os séculos as pelotas estiveron fabricadas de calquera material que puidese introducirse na súa cuberta, incluído os intestinos de animais.Hai algúns anos, durante a restauración dun dos tellados da abadía de Westminster, atopáronse pelotas de tenis do século XV elaboradas con pelo humano. Un feito que non debe sorprendernos, xa que está documentado que antes de que Ana Bolena fose executada mandouse cortar a súa cabeleira para que o tallo do verdugo fose máis efectivo, e co seu pelo enchéronse catro pelotas de tenis. Por certo, Enrique VIII non asistiu á execución, preferiu xogar un partido de tenis antes que ver como a súa esposa perdía a cabeza.Outro detalle importante é a cor das pelotas: verdes. Bueno realmente, se utilizamos o código de Colorhexa, a súa coloración é #ccff00, a cal pertence á categoría de ’amarelo fluorescente’ ou ’cal eléctrico’, unha tonalidade que algúns a perciben como verde e outros como amarela.Deixando aparte este matiz, ao longo da historia do tenis houbo pelotas brancas, negras e laranxas. A cor actual introduciuse en 1972 como unha imposición da International Tennis Federation, con ela pretendíase que os televidentes puidesen ver correctamente a pelota, xa que naquel momento os televisores transmitían tan só imaxes en branco e negro.Cando unha pelota de tenis é golpeada por unha raqueta confíreselle unha certa velocidade e rotación. Unha vez que comezou o ’voo’ a súa traxectoria dependerá dun polinomio no que forman parte a forza do golpe, a dirección da velocidade inicial, a velocidade de rotación, a dirección do eixo de rotación, a viscosidade do medio, a forza gravitatoria e a rugosidade da pelota.As actuais pelotas de tenis fabrícanse con ’pelo’ para que o tenista consiga dominar mellor o efecto e dirección dos golpes, posto que as pelotas ’peludas’ xeran unha maior resistencia ao aire, optimizando o resultado que se pretende conseguir.Ademais, as pelotas de tenis teñen que estar fabricadas nun único material, a fin de que as costuras non provoquen un mal bote ou un efecto irregular. Así mesmo, o peso, entre 56,7 e 58,5 gramos, e o radio son claves para que o rebote nunca sexa inferior aos 135 cm, pero tampouco superior aos 147 cm.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia    Imaxe: Belén Díaz

0 comentarios