¡UNHA SERPE DE TAMAÑO!
A revista "Nature" publica esta semana un estudo da Universidade de Toronto en Mississauga (Canadá) no que se indica o achádego dos restos fósiles da serpe máis grande coñecida ata agora.
Nesta receración de Jason Bourque (Nature) podemos ter unha idea do exemplar. O restos foron atopados en Carrejon (Colombia). Medía 13 m de longo e 1250 kg de peso. Foi bautizada co nome científico de Titanoboa Cerrejonensis.
Segundo os científicos esta serpe necesitou unha temperatura moito maior que a actual para sobrevivir (pensemos que son seres poiquilotermos, é dicir que a temperatura do seu corpo depende da temperatura do medio), o que abre un estudo para ver a evolución do clima da zona.
¡Como para atoparse con ela!
0 comentarios