IDEAS PARA AS VACACIÓNS: CINE
Antes estes días de vacacións podemos preguntarnos ¿Que facer? Seguro que moitos teñen a contestación rápida: ¡Non facer nada! Pero o día ten 24 horas e 10 días x 24 horas = 240 horas .... ¡Bueno, que queda tempo para todo! Por esa razón propoñereivos, se o considerades oportuno, algunhas iniciativas compatibles co descanso.
A primeira, ir ao CINE. Estréase hoxe unha película de animación 3D (por eso se vades procurade ir a un cine con estas características) titulada "Monstruos contra Alieníxenas". Ten unha duración de 1h e 34 min, de nacionalidade EEUU, o seu director é Conrad Vernon.
Pero para que teñades unha idea do que vai aquí tedes o trailer. Se a vede, seguro que descansades e pasádelo ben.
0 comentarios