Blogia
vgomez

O PENSAMENTO ADOLESCENTE



Egoístas, imaxinativos e invulnerables. Así son, segundo o psicopedagogo Javier Valverde, os adolescentes. Leva máis de trinta anos traballando con eles. En particular, con familias con moz@s que presentan dificultades de aprendizaxe e coas que -a través da orientación educativa- promove a integración socioafectiva tanto na casa como na escola.

Licenciado en Ciencias da Educación na Universitat Autònoma de Barcelona e cunha mestría como Formador de Formadores, Valverde recomenda a empatía para entender as características do pensamento adolescente. “Sintámonos tamén contentos de ter un mozo rebelde”, sostén Valverde. O educador asegura que este peculiar momento da vida “é o que nos fai únicos no universo: a narrativa, a fábula que nos construímos como adolescentes”.

O educador propón pautas educativas e de comportamento en ‘40 marróns con fillos adolescentes e como afrontalos con agarimo’. Un libro-guía para facer fronte á incerteza ante os fillos que inician o tránsito á vida adulta. Javier Valverde convida os pais non esquecer o seu ’eu’ adolescente. “Se perdemos esta parte do adolescente que fomos, perderemos a capacidade de asombro, a alegría de vivir, a improvisación, perderemos vida no fondo”, conclúe.


1 comentario

paideleo -

Interesante. E máis tendo un fillo que vai camiño de ser adolescente.