DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIA POLO RUÍDO
Hai máis dunha década que se fala do RUÍDO como contaminante, sen embargo, dificilmente atópase considerado na educación ambiental, xa que esta centra o seu interese no ecolóxico.
Cada día é máis frecuente escoitar acerca da CONTAMINACIÓN ACÚSTICA. Os innumerables e potentes ruídos da cidade producen irritabilidade, atordamento e falta de concentración no traballo. O nivel de ruído en que se desenvolve a nosa vida inflúe negativamente no rendemento do noso traballo e na nosa saúude.
Por iso celébrase hoxe o Día Internacional da Conciencia polo Ruído. Esta xornada pretende chamar a atención deste tipo de contaminación, oculto, que non se nota axiña, pero que pasara factura a un curto prazo.
E un consello: O estudo é un traballo para o que se necesita a máxima concentración; un ambiente ruidoso é moi prexudicial. A música de fondo fai o mesmo efecto que un ruído cando temos que concentrarnos no estudo.
0 comentarios