CUMIO DA TERRA RIO+20
O Cumio da Terra Rio+20 (chamada oficialmente Conferencia das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sustentable) celébrase dende hoxe, día 20, ata o 22 de xuño de 2012 en Río de Xaneiro (Brasil). Este cumio é un novo intento das Nacións Unidas no comenzo do milenio para avanzar sobre o compromiso dos Estados e a comunidade mundial nos grandes cambios deste séculoo XXI. Terá lugar vinte anos despois do primeiro cumio histórico de Río de Xaneiro en 1992 e dez anos despois do de Johannesburgo en 2002.
O chamamento das Nacións Unidas é ambicioso. Invita aos Estados, á sociedade civil e aos ciudadáns a "sentar as bases dun mundo de prosperidade, paz e sustentabilidade", incluíndo tres temas na orde do día: 1. O fortalecemento dos compromisos políticos en favor do desenvolvemento sustentable. 2. O balance dos avances e as dificultades vinculados á súa implementación. 3. As respostas aos novos desafíos emerxentes da sociedade. Dúas cuestións, íntimamente ligadas, constituen o eixo central do cumio: 1. Unha economía ecolóxica con vistas á sustentabilidade e a erradicación da pobreza. 2. A creación dun marco institucional para o desenvolvemento sustentable.
Se queres seguir este evento, pincha AQUÍ.
Por intentalo que non quede!
0 comentarios