10 ESPECIES INVASORAS MÁIS PERIGOSAS DE ESPAÑA (2ª PARTE)
Especies Invasoras / Imaxe: Xornal El Mundo
Continuación do artigo de onte das 10 especies invasoras máis perigosas de España.
6. Mexillón cebra (Dreissena polymorpha)
Recibe este nome polas súas raias escuras e brancas que lembran ao coñecido mamífero. Natural dos mares Negro e Caspio, detectouse por primeira vez en 2001 en Cataluña, no baixo Ebro, estendéndose de forma rápida a outras comunidades. Este exemplar provoca a disminución da diversidade biolóxica nos ecosistemas que invade, como os bivalvos autóctonos, e dana todo tipo de construcións hidráulicas.
7. Mosquito tigre (Aedes albopictus)
Chamado así polas súas franxas brancas no tórax, é un insecto de maior tamaño que os autóctonos, orixinario do Sueste Asiático. En agosto de 2004 detectouse por primeira vez en Sant Cugat del Vallés estendéndose ao resto de Cataluña. Este mosquito causa dolorosas picaduras, inflamación e prurito persistentes e incluso reaccións aléxgicas graves. O tráfico de mercadorías propiciaría a súa chegada.
8. Picudo vermello das palmeiras (Rhynchophorus ferrugineus)
É o pesadelo das palmeiras de amplas zonas de Andalucía, Valencia, Murcia e Canarias. Os efectos diste insecto parásito non se ven nun primeiro momento, pero o seu ataque máis intenso é capaz de matar á planta. Orixinario do Sueste Asiático e Melanesia, onde é unha praga das palmeiras de coco, detectouse en España por primeria vez en 1993 en Motril e Almuñecar (Granada). A importación de palmeiras do Norte de África foi a súa forma de introducción.
9. Tartaruga de Florida (Trachemys scripta elegans)
Nos anos 80 esta tartaruga púxose de moda como mascota en todo mundo. A España chegou nos 90 e ata 1997, cando a Unión Europea prohibíu a súa importación, vendéronse máis dun millón de exemplares. A súa liberación incontrolada provocou a súa extensión por todo o territorio. Ademais de excluír a outros galápagos autóctonos, depreda invertebrados, peixes e anfibios, e consome vexetación acuática. Supón tamén un risco sanitario ao transmitir a salmonelose.
10. Visón americano (Mustela vison)
Os primeros visóns chegaron a España en 1958 a granxas de cría en Segovia para aproveitar a súa pel. As fugas continuas, tanto accidentais como intencionadas, propiciaron a súa expansión por grande parte do territorio. O seu maior tamaño e agresividade e o feito de transmitir un virus que afecta máis ao europeo provocaron que iste último se atope en perigo de extinción. Os programas de recuperación postos en marcha en varias comunidades autónomas parecen empezar a funcionar.
FONTE: Revista consumer.es
0 comentarios