SUNRISE
O globo "Sunrise", pouco antes do seu lanzamento (Foto:Carlye Calvin / UCAR)
Dende o Centro Espacial Esrange, preto de Kiruna (Suecia) acaba de despegar o telescopio solar SUNRISE, que viaxa nun globo estratosférico para estudar o campo magnético do Sol.
Esta misión durará cinco días, e este telescopio situado no Áritico, aproximadamente a 40 km sobre a superficie da Terra, estudiará a estructura e a dinámica do campo magnético solar, no que hai gran cantidade de enerxía que se manifesta de moi diversas formas, dende as manchas ata as tormentas solares.
A misión é froito da colaboración da NASA, a Axencia Espacial Alemana (DLR) e o Programa Nacional do Espazo de España.
Boa sorte!
0 comentarios