Blogia
vgomez

O GALEGO E A FAMOSA CONSULTA ÁS FAMILIAS

O GALEGO E A FAMOSA CONSULTA ÁS FAMILIAS

O pasado venres 12, foille entregado a cada alumno-a de Secundaria e FP do noso Centro o modelo de cuestionario sobre a consulta ás familias sobre a  utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia para facerllo cheagar ás súas casas. Ao mesmo tempo, fixeron o propio os centros de infantil e primaria. O prazo para a súa devolución remata o venres 19. Deberán entregarse en conserxería e pódese solicitar unha certificación de participación en Secretaria.

O modelo consta de 4 preguntas (iguais para Secundaria, FP, Primaria e Infantil), a saber:

 

É secreto (anónimo)  e voluntario, o que introduce un gran problema: o contido democrático e os posibles fraudes, quedando todo en mans dos equipos directivos de cada centro.

A verdade é que non sei que se pretende con esto. Eu, que levo moitos tempo nesto da ensinanza, e que pasei por varias reformas, xa dende hai moitos anos (xa choveu cando na Xunta entrou Fraga), a miña materia C. Naturais, xunto con X. e Historia (que forman o Coñecemento do Medio de Primaria) e as Matemáticas sempre foron dadas en Galego, e nunca pasou nada, era asumido por todos, era normal. Agora, de repente, estas historias. O que non pode ser é que cada goberno, sexa da cor que sexa, cambie  todo ao entrar el. Ten que haber uns criterios mínimos e todos teñen que resceptalos, garantindo que os alumnos-as sexan competentes lingüísticamente tanto en galego como en castelán, sen diferencia. Para máis complicación metemos tamén o inglés polo medio, e leva camiño pois cada ano son máis as materias impartidas neste idioma (e non é malo pois cantos máis idiomas sepamos con máis xente podemos relacionarnos).

Penso que hai demasiadas materias nas ensinanzas básicas (primaria e secundaria) e perdemos o norte no básico: lectura, escritura, cálculo, coñecementos natural e social, impartidas por igual nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Complementando, o que se queira, que é positivo e enriquecedor. Do contrario seguiremos producindo "analfabetos potenciais" que coñecen moito e non saben de nada.

Veremos como remata esto!

0 comentarios