MESES E REFRÁNS I
Un REFRÁN é un dito popular e sentencioso que contén un consello ou unha moralexa.
O refraneiro galego é prolífero, sobre todo no referente aos meses, relacionando estes co tempo e coas actividades agrarias. Precisamente sobre este aspecto imos tratar hoxe, nunha primeira parte:
XANEIRO:
"Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"No mes de xaneiro pés no braseiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".
"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
FEBREIRO:
"Febreiriño do rabo torto, cos teus días vinte e oito, se tiveses máis catro, non queda nin gato, nin raposo no burato"
"Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palleiro"
"Cando non chove en febreiro, nin bo pardo nin bo centeo"
"Neve febreiriña, tarda vén e logo camiña"
"A chuvia de febreiro, enche o cabaceiro"
"Ano de xeadas, ano de fornadas"
1 comentario
maria -