LCROSS
Sempre tivemos a idea de que o noso satélite, a Lúa, era un deserto gris, completamente seco, sen atmosfera, onde os raios solares inciden dirtectamente sobre ela. Por siso, a súa superficie quéntase moito. A temperatura varía desde unha máxima de 107ºC, a unha mínima nocturna de -173ºC.
Pois agora, a NASA, quere facer unha comprobación sobre a presencia ou non de auga na superficie lunar, concretamente nos cráteres polares, nos que as paredes están en penumbra permanente, e poderían conservar xeo.
A tal efecto o LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite), sonda espacial lanzada no pasado xuño, prepárase para a súa fase final e impactará sobre un crater, concretamente Cabeus A, duns 40 quilómetros de diámetro, situado preto da rexión polar Sur. Será o próximo 9 de outubro e permitirá analizar a pluma de material lunar que se elevará tralo impacto para ver se hai rastro de auga.
Esta idea xa non é nova, aínda que fallidamente ou sen datos concluíntes, xa o fixeron en 1999 a sonda Lunar Prospector (da NASA) e en 2006, a Smart-1 (da Axencia Europea do Espazo), unha vez concluídas as súas misións, coma neste mesmo caso. Esperemos que desta se quite algunha conclusión.
0 comentarios