ELIMINACIÓN DOS CONTEDORES DO LIXO
Co paso do tempo as nosas rúas foron cambiando no que respecta á recollida do lixo. Non hai moito tempo depositábanse as bolsas directamente no chan, estando expostas aos ataques de animais e dalgunha que outra patada dun "animal maior". A imaxe de voluminosos, como mobles, colchóns, etc, foi desaparecendo coa chegada do opunto limpo. Houbo un momento importante coa chegada dos contedores, pois implicaba a recollida selectiva e a reciclaxe. Pero a estética leou a dar un paso máis, a metelos subterraneamente. De calquera xeito seguimos convivindo cos contedores e os seus cheiros.
E se desapareceran? Sería fantástico, pero ... e o lixo a onde vai. Pois a esta pregunta algúns concellos de España xa de deron resposta: Recollida selectiva porta a porta. Si, a unha hora determinada veñen á nosa casa e recollen o lixo (seleccionado antes por nós: orgánicos, envases, papel, vidro e resto) para a súa posterior reciclaxe.
Moitos concellos de Cataluña, varios do País Vasco, algún de Asturias e lugares de Italia, Dinamarca e Francia, xa o fixeron e parece que dá resultado. Pero claro, para esto hai que ter unha conciencia ambiental que o noso concello non ten ou non quere ter. Ou si, sería todo un reto!
Este proceso ten as súas vantaxes e inconvintes, a valorar:
Vantaxes:
- A concienciación dos consumidores e o seguemento de entrega do lixo tradúcese en niveis máis altos de recollida selectiva e baixo nivel de residuos impropios.
- Reducción da cantidade da fracción resto (residuos destinados ao vertedoiro ou incineradora).
- A desaparición dos contedores da rúa permite máis espazo na vía pública, eliminando os desbordamentos do lixo e os malos cheiros.
- O custe da reciclaxe é menor e os ingresos por sistemas integrados de xestión, venda de materiais e retorno do canon de residuos (onde exista) son superiores.
- Os sistemas complementarios de recollida selectiva (fracción vexetal, voluminosos, etc.) acostuman funcionar mellor.
Inconvintes:
- Necesítase unha campaña moi importante de sensibilización entre a poboación.
- Supón un cambio de hábitos importante para moitos fogares.
- Está suxieto a un horario de entrega bastante estricto.
- É necesario gardar cada fracción dos residuos na casa ata o momento da recollida.
- O custe parcial da recollida tende a ser similar ou, en todo caso, algo superior.
É unha proposta orixinal, que merece a pena polo menos considerala, interesándose de como a levan a cabo neses lugares citados. Quen di que, nun prazo de tempo razoable, contemos no noso concello con este sistema?
0 comentarios