BURJ DUBAI
Burj Dubai ou Torre Dubai é o rañaceos máis alto do mundo e atópase en Dubai nos Emiratos Árabes Unidos.
Ten unha altura máxima de 818 m (atopándose a planta máis alta a 624 m e a azotea a 643 m). A obra iniciouse o 21 de setembro de 2004 e foi inagurada hoxe (4 de xaneiro de 2010). Ten unha superficie total de 344.000 m2 e un peso aproximado de 7 millóns te toneladas. Ten 162 plantas e 53 ascensores. O custo da obra superou os 1.800 millóns de dólares.
A cimentación tamén é a máis grande construída: sistema de varillas de 1,5 m de diámetro de base e máis de 50 m de profundidade. A fachada tapizada con paneis de vido e aceiro: 142.000 m2. En resumo unha cidade completa dentro dun edificio: pisos, supermercados, restaurantes, cines, etc.
Ata agora o edificio máis alto era o Taipei 101 con 529 m de altura, pero o inagurado hoxe xa non é a máis alto, polo menos en proxecto, pois a consultora británica Hyder Consulting Tower plantexa construír un rañaceos duns 1.600 m. Fíxate na comparativa adxunta COMPARATIVO
Serán moi grandes pero ... ante o espazo natural, paseoa, parques, a grandeza dos ríos, montes ... NON É NADA.
0 comentarios