CONTO: O DOS MECHEIROS
Certo paneiro leonés percorría acotío Galicia, ofrecendo a súa mercadoria en todo tipo de aldeas e vilas.
Un día, ao viaxante paroulle o coche nunha pequena aldea dos máis altos cumios da montaña ourensán.
Baixouse e perguntoulle a unha señoriña que se acercou:
- ¿Puede decirme dónde vive el mecánico?
- Ai, filliño! Aquí estámoslle na fin do mundo. Non temos nin luz eléctrica. Mecánico non lle hai. A non ser o Pepiño, que é moi mañoso e axeitado para todo. Arranxa a máquina de mallar, remacha os caldeiros e cántaros, fai fechaduras de portas, ferra as cabalerías e solda pucheiros; pero sobre todo, é un fóra de serie amañando chisqueiros. Chamámoslle Pepiño o chisqueiro.
- Bueno; sea. Si no hay mecánico, avíseme por favor a ese Pepiño de los mecheros.
Chegou Pepe e saudou. Moi serio. Cigarro na esquina da boca, mans nos petos, gorra de viseira ladeada, deulle ata tres voltas ao redor ao coche mirándooo de esquello. pegoulle unha pequena patada a unha roda e preguntou.
- E logo, este vehículo ten gasolina?
- Sí, desde luego. Esta misma mañana le he llenado el depósito.
- Pois daquela, non hai ningunha dúbida. Te que ser da pedra.
Fonte: Almanaque Agrícola ZZ Ano 2010
0 comentarios