A NEBULOSA DO "MORCEGO XIGANTE"
Nebulosa NGC 1788 / ESO (Observatorio Europeo Austral)
Todos recordaredes o que é unha nebulosa: Cúmulos de gases e po no espazo, que teñen unha importancia cosmolóxica notable pois considéranse os lugares onde nacen, por fenómenos de condensación e agregación da materia, os sistemas solares similares ao noso.
Pero seguro que pouco coñeceredes, eu fíxeno hoxe, a nebulosa NGC 1788 ou tamén coñecida como a da "morcego xigante", pois saltou a actualidade grazas ás imaxes que difundíu a ESO - Science Outreach Network dende Silla (Chile).
Atópase na constelación de Orión tamén chamada a do cazador (lembrade que unha constelación é unha agrupación arbitrairamente feita polo home que reperesenta figuras humanas ou de animais).
Trátase dunha nebulosa refractaria, composta de po e gases que dispersan a súa luz nun pequeno grupo de estrelas novas, de forma que o seu brillo presenta unha forma dun xigantesco morcego que move as súas ás a pucos graos do cinturon do cazador.
Son moitos os secretos que esconde o universo!
0 comentarios