OBRIGADO PORTUGAL
A crise busca recadación en todos os sitios. Aquela frase de "Menos mal que nos queda Portugal" xa non se cumpre, polo menos no apartado de gratuidade nas autovias do outro lado do Miño.
A implantación a partir do 15 de outubro de peaxes automáticas nas autovías ata agora gratuítas do norte de Portugal está a causar contrariedade e malestar, non só polo pago, senón tamén polos procedementos de pago. No vídeo superior infórmase precisamente deses procedementos.
Esto seguramente repercutirá nas visitas ao país veciño, aínda que algunhas seran inevitables como a do aeroporto Sá Carneiro, xa que é máis competitivo e barato que os de Vigo e Santiago.
Obrigado Portugal!
0 comentarios