FLOR CADAVER

Flor cadaver é o nome dunha planta, que ten por nome científico Rafflesia arnoldii, que medra nos bosques de Sumatra e Borneo (Indonesia).
Esta planta ten varias curiosidades. A primeira é que vive como un parásito, dentro do tecido dunha videira tropical, carecendo de follas, brotes e raíces (só é visible a flor) e polo tanto non realiza a fotosíntese. A segunda é dobre e refírese á súa flor (de cor avermellado e alaranxado), xa que é a fnflorescencia máis grande do mundo (máis dun metro de diámetro e ata 11 quilogramos de peso), pero tamén é a flor que emite o cheiro máis desagradable, similar ao dunha prea (animal morto).
Por certo a flor permanece aberta como máximo durante unha semana e aparece cada varios anos.
A súa clasificación científica sería:
Reino: Plantas
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Xénero: Rafflesia
FONTE:365especies.com
0 comentarios