A GALICIA PROFUNDA: ENSINO
Moito cambiou Galicia en tódolos aspectos, pero sobre todo no campo da educación. Alá a finais dos anos 70, cando din eu as primeiras clases de mestre, había un programa da TVE que levaba por título VIVIR CADA DÍA. O vídeo superior corresponde a un deses programas no que se ofrecía a imaxe dos nenos de aldea (eu tamén o fun) que acudían ás primeiras concentracións escolares polo incipiente transporte escolar. Alí tamén comían. Despois volta a aldea e... a traballar: axudando nas labores da casa, traballando no campo...
Xeograficamente corresponde a Friol (Lugo).
Sabedes que mal o pasaban coas dificultades para expresarse en castelán, cando o seu idioma diario era o galego? Paradoxas do destino, hoxe o castelán ou outro idioma da emigración presume, o galego segue a ser de aldea.
Quero con este vídeo que valoremos moitas cousas: o que temos e disfrutamos hoxe en día, o esforzo que xa se perdeu, as vocacións daqueles mestres, a valoración do noso idioma...
Gardar o positivo e o resto... QUE NON VOLVA!
1 comentario
Moncho -
Hai poucos anos que por sacar unha curva da estrada existente, derrubaron esa escola.
Cando rematei 4.º de EXB, mandáronme para Boiro, ó colexio que hoxe é Praia Xardín.
Todo o que pasaron eses pobres nenos do vídeo, é representativo do meu caso,e da totalidade dos rapaçes-as das aldeas galegas tanto na escola unitaria, como no colexio, instituto,..., na vida en xeral.
Maldito sistema inxusto, e maldita cultura dominante. ¿Por qué os povos non poden vivir acorde coa súa identidade? ¿Acaso non chegha coa cargha da vida física natural que lle toca a cada individuo, e por extensión a todo ser vivo, senón que aínda por riba teñan que existir povos de cultura diferente que dominen ós outros?
Oghallá estoupe o planeta, porque é insufrible ver como vai esmoreçendo unha cultura, e un idioma propio coas súas propias diversidades internas, sen poder façer nada.
¿Quen pode vivir sen dignidade, como un estranxeiro na propia terra? Eu así non podo ser como quixera ser, non podo abrirme, moçear seghundo o propio entorno no que naçín, traballar en clave identitaria, vivir dun xeito normaliçado sen pedir permiso, nin estar acomplexado, ..., sentirme realiçado, e non vender a miña alma, nin estar descafeinado.
Tal como se debuxa, nunca poderei ser EU. Estou limitado de por vida.
Desexo que isto remate cunha hecatombe mundial, e non dé pé para máis mortes anunçiadas de nincún povo, nin cultura. OGHALLÁ ASÍ SEXA.
Un saúdo