DINOSAURIO CAMARÓN
O dinosaurio camarón ou triops tortugueta (Triops cancriformis) é un crustáceo de ata 10 centímetros de lonxitude, provisto dun caparazón dorsal en forma de escudo que lle protexe a cabeza e a porción anterior do tronco. Vive en charcos e lagoas. É un animal omnívoro que busca no fondo coa parte frontal do seu caparazón na procura de plancton, larvas de anfibios e incluso anélidos. En ocasións practica o canibalismo.
Como curiosidade deste animal é que "é a especie animal viva máis antiga do planeta", xa que ostenta o record mundial de permanencia sobre a face da Terra, pois lleva uns 220 millóns de anos sen sufrir apenas variacións na súa forma (dende o Triásico).
FONTE:365especies.com
0 comentarios