EXPOMETEORO
Dende hoxe e ata o vindeiro día 28, nos corredores dos LABORATORIOS do noso IES, atópase a exposición EXPOMETEORO de MeteoGalicia.
Un total de 12 paneis para aproximarnos ao mundo da meteoroloxía dende a perspectiva da ciencia e da lingua:
- Clima e tempo non son o mesmo
- Onde a terra manda no aire
- Tempo e lingua
- O clima do pasado
- Magnitudes I
- Magnitudes II
- As nubes
- Mapas do tempo
- Observación do tempo
- Meteoroloxía extrema
- Predición meteorolóxica
- O sol, motor do mundo
Non pases de longo, párate diante e aprende!
0 comentarios