A HISTORIA DAS COUSAS
Estes días estase impartindo no noso IES un obradoiro sobre "Consumo responsable" para o alumnado de 2º de ESO. Eu quero colaborar nesta iniciativa, pero vista dende o punto das CCNN.
Somos conscientes do que consumimos? Sabemos de onde proceden os productos que podemos adquirir na sociedade de consumo na que vivimos?
Annie Leonard (escritora e activista anticonsumo) axudaranos a comprendelo, contestano a estas preguntas no seguinte documental, no que de forma moi pedagóxica explica como funciona o circuíto de consumismo no que viven inmersas as sociedades modernas.
A mensaxe de Leonard é nítido: non somos o que cremos ser, nin sequera o que temos, senón que somos o que compramos; porque antes que pais ou nais, mestras ou albaneis, somos consumidores. Por eso, nas pasadas datas de Nadal, por exemplo, o 99% dos productos consumidos convertiranse en lixo en menos de seis meses, porque a historia das cousas é máis ben fugaz. Non contribuamos a que a historia da humanidade tamén o sexa!
FONTE: Profes.net
0 comentarios